Щоб переглянути інші типи публікацій з цієї теми, перейдіть за посиланням: GALGEM.

Статті в журналах з теми "GALGEM"

Оформте джерело за APA, MLA, Chicago, Harvard та іншими стилями

Оберіть тип джерела:

Ознайомтеся з топ-50 статей у журналах для дослідження на тему "GALGEM".

Біля кожної праці в переліку літератури доступна кнопка «Додати до бібліографії». Скористайтеся нею – і ми автоматично оформимо бібліографічне посилання на обрану працю в потрібному вам стилі цитування: APA, MLA, «Гарвард», «Чикаго», «Ванкувер» тощо.

Також ви можете завантажити повний текст наукової публікації у форматі «.pdf» та прочитати онлайн анотацію до роботи, якщо відповідні параметри наявні в метаданих.

Переглядайте статті в журналах для різних дисциплін та оформлюйте правильно вашу бібліографію.

1

Domínguez Dono, Xesús. "uso do galego nas organizacións non gobernamentais para o desenvolvemento." Cadernos de Lingua, no. 29 (August 4, 2007): 109–54. http://dx.doi.org/10.32766/cdl.29.42.

Повний текст джерела
Анотація:
Neste traballo preténdese ofrecer unha visión xeral do uso da lingua galega nas Organizacións Non Gobernamentais para o Desenvolvemento (ONGD) asentadas en Galicia. Para tal fin realizouse un estudo descritivo a partir dun cuestionario enviado ás ONGD rexistradas oficialmente en terrritorio galego. Os resultados que se obtiveron indican un escaso nivel de galeguización das ONGD asentadas en Galicia. En xeral, a orixe da organización, ou o lugar de asentamento da súa sede central, condicionan un maior uso do galego ou do castelán nas súas actividades, detectándose que entre as de sede galega o emprego do galego está próximo ao 70%, fronte a tan só un aproximado 43% nas de sede con orixe non galega. Sen diferenciar o lugar de asentamento das sedes centrais, a utilización de ambas as linguas está moi parella: arredor dun 57% para o galego e dun 43% para o castelán.
Стилі APA, Harvard, Vancouver, ISO та ін.
2

Vidal Fonseca, Guillermo. "De subenca a ba fenecer. Reclamando o catastro de Ensenada para o estudo do galego moderno." Madrygal. Revista de Estudios Gallegos 24 (January 31, 2022): 217–38. http://dx.doi.org/10.5209/madr.80241.

Повний текст джерела
Анотація:
Os estudos de lingüística histórica galega enfrontaron, de sempre, dificultades para as súas pescudas sobre o galego da Idade Moderna debido á escaseza ou menor proliferación de fontes escritas nesta lingua durante o período en comparación cos precedentes ou subseguintes. A través do estudo de varios documentos do catastro de Ensenada, elaborado en castelán no século XVIII, relativos á comarca galega de Barcala, identificamos mediante unha exhaustiva investigación individualizada máis de medio cento de voces ou construcións netamente galegas ‒ou afectadas por fenómenos típicos do galego da época‒ que analizamos detalladamente en diferentes planos gramaticais: o fonético, o morfolóxico, o sintáctico, o léxico e o semántico. O estudo desas interferencias da lingua galega no castelán dos textos permite achegármonos a diferentes características do galego medio, particularmente do falado nesa comarca do occidente galego e, mediante esa contribución, o artigo pretende poñer en valor e reclamar unha necesidade aínda non explotada: a de valerse do catastro de Ensenada como fonte documental indirecta para estudar o galego moderno, malia estar escrita en castelán.
Стилі APA, Harvard, Vancouver, ISO та ін.
3

Peres Vigo, Alexandre. "De trobadoresca a paródica: a lingua galega a través dos textos casteláns catrocentistas." Revista Galega de Filoloxía 23 (December 27, 2022): 93–108. http://dx.doi.org/10.17979/rgf.2022.23.0.9130.

Повний текст джерела
Анотація:
Coincidindo coa consolidación dos Trastámara no trono castelán (1369-1388), a lírica galega enfrontou un período de decadencia a través da chamada escola galego-castelá. Con todo, as referencias directas ao galego, como signo identificativo do reino da Galiza e dos seus habitantes, non deixaron de se acrecentar na literatura castelá catrocentista. Entre elas, sitúanse textos breves da segunda metade do século XV, tales como dialoxismos e sentenzas estereotipadas, en que se reproduce a lingua galega cunha auréola xocosa. A súa aparencia híbrida, así como a propia finalidade burlesca dos textos, permítenos identificar estas aparicións como os primeiros experimentos literarios onde o galego xa é obxecto de parodia e onde se manifesta a existencia de prexuízos lingüísticos antigalegos. Un recurso literario que se consolidará no século XVI e que se popularizará, especialmente no XVII, da man dos vilancicos casteláns de temática galega.
Стилі APA, Harvard, Vancouver, ISO та ін.
4

Fernández Rei, Francisco. "O mar e a poesía galega. Singraduras na construcción da patria da lingua." Revista Galega de Filoloxía 4 (May 17, 2003): 11–57. http://dx.doi.org/10.17979/rgf.2003.4.0.5342.

Повний текст джерела
Анотація:
Neste artigo estúdiase a presencia do mar e do léxico relacionado co mar na poesía galega. Despois dunhas breves consideracións sobre o mar na lírica galega medieval, fanse calas no vocabulario marítimo da poesía de Pondal, Manuel Antonio, Avilés de Taramancos e outros autores contemporáneos. O obxectivo fundamental é ver como se foi introducindo e propagando no galego literario moderno diverso léxico do mar, popular e culto, que hoxe forma parte do galego común nos seus diversos rexistros.
Стилі APA, Harvard, Vancouver, ISO та ін.
5

Moreda Leirado, Marisa. "Recensión: Xosé Ramón Freixeiro Mato: Os marcadores discursivos. Conectores contraargumentativos no galego escrito." Revista Galega de Filoloxía 10 (May 17, 2009): 167–71. http://dx.doi.org/10.17979/rgf.2009.10.0.3929.

Повний текст джерела
Анотація:
Recensión: Xosé Ramón Freixeiro Mato, Os marcadores discursivos. Conectores contraargumentativos no galego escrito. Monografía 3 da Revista Galega de Filoloxía, A Coruña, Área de Filoloxías Galega e Portuguesa da Universidade da Coruña, 2005.
Стилі APA, Harvard, Vancouver, ISO та ін.
6

Frías Conde, Xavier. "O elemento árabe en galego (I)." Revista Galega de Filoloxía 1 (May 17, 2000): 157–71. http://dx.doi.org/10.17979/rgf.2000.1.0.5399.

Повний текст джерела
Анотація:
A atención ao elemento árabe en galego dista moito da longa traxectoria dos estudos arabo-románicos nas súas linguas irmás, polo que é unha das cuestións pendentes na lingüística galega. Nos poucos traballos existentes indícase a pegada efémera ou inexistente da presenza árabe, mais os arabismos no léxico e na toponimia son moi superiores ao que xeralmente se cre. Así mesmo, os estudos portugueses só son válidos parcialmente, porque cómpre saber qué vocábulos árabes son exclusivos do galego, cales son máis antigos e por que as formas galegas presentan solucións diferentes ás portuguesas, como é a antigüidade cronolóxica na entrada dos arabismos en galego. De feito, dentro do sistema lingüístico galego-portugués cumpriría diferenciar tres zonas (a galega, a portuguesa setentrional e a portuguesa meridional), que se corresponden coas distintas épocas de entrada do superestrato árabe no idioma.
Стилі APA, Harvard, Vancouver, ISO та ін.
7

Mariño Paz, Ramón. "As liñas en galego do Theatro Moral y Político de la Noble Academia Compostelana (1731) de Pablo Mendoza de los Ríos." Revista Galega de Filoloxía 1 (May 17, 2000): 35–65. http://dx.doi.org/10.17979/rgf.2000.1.0.5395.

Повний текст джерела
Анотація:
Preséntase a transcrición fiel do fragmento en galego inserido no libro de actas Theatro Moral y Político de la Noble Academia Compostelana, publicado en 1731 por Pablo Mendoza de los Ríos. As liñas que son obxecto de estudo –situadas na serie de diálogos satíricos en que unha das persoas intervén en galego– proporcionan información lingüística valiosa para coñecer o estado da lingua galega dezaoitesca, polo que se realiza un estudo lingüístico das características gráfico-fónicas, morfosintácticas e léxico-semánticas máis importantes do documento. A seguir, e partindo deste texto, reflexiónase a nivel sociolingüístico sobre o uso oral e escrito do galego no século da ilustración e sobre a vontade de ofrecer verismo no uso da lingua galega nesta obra académica.
Стилі APA, Harvard, Vancouver, ISO та ін.
8

Frías Conde, Xavier. "O elemento árabe en galego (II)." Revista Galega de Filoloxía 3 (May 17, 2002): 65–80. http://dx.doi.org/10.17979/rgf.2002.3.0.5364.

Повний текст джерела
Анотація:
A influencia do árabe sobre o galego é unha das cuestións pendentes da lingüística galega actual. Tense pensado a miúdo que o árabe non tivo influencia ningunha sobre o galego, mais isto é falso. Ducias de topónimos árabes están presentes por todo o dominio galego. Doutra banda, o galego posúe os seus proprios empréstimos árabes, diferentes dos que se achan nas linguas veciñas. Porén, debe entenderse que a presenza destes arabismos en galego é debida a un complexo proceso onde os mozárabes desempeñaron un papel fundamental.
Стилі APA, Harvard, Vancouver, ISO та ін.
9

Cidrás, Francisco, and Francisco Dubert-García. "A gramática galega, un río de curso curto e sinuoso. Panorama histórico dos estudios gramaticais sobre o galego." LaborHistórico 3, no. 1 (April 23, 2018): 111. http://dx.doi.org/10.24206/lh.v3i1.17110.

Повний текст джерела
Анотація:
<p><span>Este traballo pretende ser unha revisión histórica dos estudos que se teñen realizado sobre a morfoloxía e a sintaxe do galego. Ora ben, o obxectivo da presente contribución é ofrecer unha panorámica das liñas mestras da produción gramatical galega, non unha prolixa enumeración de traballos publicados ata o presente. Tras analizar o atraso histórico con que o galego chegou a ser obxecto de estudo científico rigoroso e as causas deste atraso, preséntase unha exposición crítica sobre as liñas temáticas e orientacións dominantes nos estudos de morfoloxía e de sintaxe do galego. O traballo remata cunha exposición dos desafíos que ten a lingüística galega cara ao futuro.</span></p><div><span><br /></span></div>
Стилі APA, Harvard, Vancouver, ISO та ін.
10

Sánchez Rei, Xosé Manuel. "Trazos xerais da tradición gramatical galega." Revista Galega de Filoloxía 6 (May 17, 2005): 93–121. http://dx.doi.org/10.17979/rgf.2005.6.0.5317.

Повний текст джерела
Анотація:
A tradición gramatical galega comeza no século XIX, en contraste co que aconteceu coas linguas do seu contorno, que principian o seu percurso filolóxico na Idade Moderna. Tal demora é produto da colonización española e esta, dunha maneira ou doutra, está así mesmo presente nas primeiras gramáticas do galego: a carga diglósica que transparece nunha boa parte delas, a constante comparación entre galego e castelán, a súa falta de socialización porque a lingua se achaba excluída de certos ámbitos etc. son algúns dos trazos que singularizan a tradición gramatical galega e que serán abordados nestas páxinas.
Стилі APA, Harvard, Vancouver, ISO та ін.
11

Fresco Barbeito, Víctor. "Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica." Cadernos de Lingua, no. 29 (August 4, 2007): 5–43. http://dx.doi.org/10.32766/cdl.29.40.

Повний текст джерела
Анотація:
A importación ao galego de palabras procedentes do árabe presenta moitas dificultades. Tanto a chegada de arabismos a través doutras linguas como o francés ou o inglés como a ausencia dun método claro para realizar a transliteración e a adaptación afectaron gravemente á calidade do galego que procede da lingua semítica. Para salvar estes obstáculos, o autor propón unha metodoloxía para a transliteración do árabe desde unha perspectiva galega baseada na fidelidade á escrita orixinal nos grafemas árabes, buscando sempre a simplicidade técnica e a reversibilidade. Partindo dos resultados desta transliteración, a adaptación dun arabismo ao galego consistiría en dar un paso máis mediante a simplificación das equivalencias gráficas e un conxunto de regras de adaptación á grafía galega. Como exemplo dun resultado práctico, aplica esta metodoloxía a un grupo de termos de temas relacionados coa cultura árabe.
Стилі APA, Harvard, Vancouver, ISO та ін.
12

Freixeiro Mato, Xosé Ramón. "Recensión: Aspectos Teóricos e Práticos da Traduçom Científico-Técnica (Inglés > Galego), de Carlos Garrido." Revista Galega de Filoloxía 3 (May 17, 2002): 231–36. http://dx.doi.org/10.17979/rgf.2002.3.0.5376.

Повний текст джерела
Стилі APA, Harvard, Vancouver, ISO та ін.
13

Barreiro Fernández, Xosé Ramón, Xosé Luís Axeitos, and Ricardo Axeitos Valiño. "manuscrito inédito do século XVIII sobre a importancia da lingua galega e a necesidade dun dicionario." Boletín da Real Academia Galega, no. 375 (November 15, 2014): 193–229. http://dx.doi.org/10.32766/brag.375.450.

Повний текст джерела
Анотація:
O obxectivo deste traballo é o de transcribir e dar a coñecer un novo opúsculo lingüístico galego inédito, de finais do século XVIII, cuxo autor, despois de ponderar e gabar a riqueza da lingua galega, defende a urxente necesidade de redactar un dicionario galego. Lamentablemente, ao dito manuscrito fáltanlle as páxinas finais, o que nos impide coñecer o nome do autor. Pola nosa parte, sen pretender solucionar totalmente o problema da autoría, e como primeira achega, facemos un repaso por aqueles ilustrados galegos que no momento da redacción do texto dedicaron a súa atención á lingua galega e que ben puidesen ser os seus redactores.
Стилі APA, Harvard, Vancouver, ISO та ін.
14

Villares, Ramón. "Xenealoxía dunha institución: Consello da Cultura Galega e réxime autonómico." Boletín da Real Academia Galega, no. 376 (November 20, 2015): 287–306. http://dx.doi.org/10.32766/brag.376.473.

Повний текст джерела
Анотація:
Este artigo ocúpase das orixes do Consello da Cultura Galega, unha institución que nace co réxime autonómico galego e que posúe un trazo orixinal no contexto das autonomías formadas en España a partir da transición democrática. Esta institución posúe un rango estatutario e foi desenvolvida por unha das primeiras leis que aprobou o Parlamento galego, que fixou a súa composición e principais obxectivos, entre os que figura o mandato de “preservar os valores culturais do pobo galego”.
Стилі APA, Harvard, Vancouver, ISO та ін.
15

Mendes, Camilla Da Silva, Nathalia Reis de Medeiros, and Thiago Soares de Oliveira. "A realização fonética do galego e a do português: um estudo comparativo com o latim." Entrepalavras 7, no. 2 (November 3, 2017): 107. http://dx.doi.org/10.22168/2237-6321.7.7.2.107-131.

Повний текст джерела
Анотація:
Este trabalho é resultado de pesquisa desenvolvida no Núcleo de Estudos Culturais, Estéticos e de Linguagens do Instituto Federal Fluminense, a partir do projeto intitulado "O Português Histórico e sua aplicabilidade na explicação de fenômenos fonéticos da Língua Portuguesa". Considerando que as línguas galega e portuguesa advêm do galego-português, um romance regional que se desenvolveu na parte ocidental da Península Ibérica, e também que ambas são oriundas do latim, este trabalho pretende realizar um estudo fonético-comparativo entre esses três idiomas a fim de demonstrar que, apesar da origem comum, as realizações fonéticas do galego ainda se aproximam da pronúncia reconstituída latina, apontando para uma tradição na realização fonética. Adota-se, para tanto, o método comparativo a ser aplicado por meio da técnica de análise documental das Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego, instituídas pela Real Academia Galega e pelo Instituto de Língua Galega com o intuito de unificar a ortografia e a morfologia dessa língua, em gramáticas da língua portuguesa e em compêndios latinos, especialmente no que toca à fonética. Embora existam diversos fonemas dialetais, trata-se aqui apenas dos fonemas recolhidos nas Normas, ressaltando que o galego ainda tem muita semelhança com o português devido à origem comum. Como referencial teórico, utilizam-se pricipalmente Amarante (2015), Monteagudo (2012) e Faria (1958; 1970), além de outros. No mais, justifica-se este artigo em razão da escassez de trabalhos na seara em que se pretende adentrar e da relevância do tratamento comparativo dos aspectos fonéticos de línguas que estão ou estiveram em contato, como é o caso do galego e do português.
Стилі APA, Harvard, Vancouver, ISO та ін.
16

Estévez Rionegro, Noelia, and Verónica Rúa Garrido. "Léxico e sociedade. A propósito dos termos de parentesco na xeografía lingüística galega." Revista de lenguas y literaturas catalana, gallega y vasca 25 (November 17, 2020): 103. http://dx.doi.org/10.5944/rllcgv.vol.25.2020.28902.

Повний текст джерела
Анотація:
A partir de datos extraídos do Atlas Lingüístico Galego (proxecto de Xeografía lingüística desenvolvido no Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela) relativos ao léxico referido ás relacións de parentesco, analizaranse os valores semánticos denotativos e connotativos dos termos, e amosarase como relicten o sesgo que presenta a lingua galega canto ao tratamento do masculino e o feminino en función do pensamento ancorado na sociedade. Deste xeito, tratará de amosarse un retrato sociolingüístico da dialectoloxía galega, aplicando conceptos da Análise do Discurso sobre una base documental pensada para a Dialectoloxía. Some data extracted from the Atlas Lingüístico Galego (a project of Linguistic Geography developed at the Instituto da Lingua Galega of the University of Santiago de Compostela) related to the lexicon that refers to kinship, we will analyze the denotative and connotative semantic values of the terms, and we will show how they relect the bias that the Galician language presents regarding the treatment of the masculine and feminine genders according to the thought embedded in society. In this way, a sociolinguistic portrait of Galician dialectology will be drawn by applying concepts from Discourse Analysis on a database designed for Dialectology.
Стилі APA, Harvard, Vancouver, ISO та ін.
17

Pérez Barcala, Gerardo. "Tradución, tradición e edición: consideracións desde o prólogo do Tratado de Alveitaria galego." Revista Galega de Filoloxía 19 (December 30, 2018): 107–29. http://dx.doi.org/10.17979/rgf.2018.19.0.4949.

Повний текст джерела
Анотація:
Desde o prólogo da tradución galega do De medicina equorum (DME), coñecida entre a comunidade investigadora como Tratado de Alveitaria (TA) e transmitida polo ms. 23076 da BNE, este traballo reflexiona sobre algunhas das súas leccións e o seu tratamento no proceso de edición crítica. Para tal fin pártese da comparación do prólogo galego co do ms. Lat. Cl. VII 24 da Bilioteca Nazionale Marciana de Venezia e con outros elementos da tradición da obra. Esta permite mostrar a autenticidade dalgunhas leccións do manuscrito galego fronte ás erróneas interpretacións dalgúns editores, contribúe a identificar erros textuais no exemplar de Álvaro Eanes e corrobora a dependencia da tradución galega dun manuscrito latino próximo do custodiado na Biblioteca Marciana, mais distinto del.
Стилі APA, Harvard, Vancouver, ISO та ін.
18

Monteagudo, Henrique. "Nas orixes da sociolingüística galega. A achega de Xesús Alonso Montero (1968-1973)." Boletín da Real Academia Galega, no. 377 (November 21, 2016): 311–31. http://dx.doi.org/10.32766/brag.377.514.

Повний текст джерела
Анотація:
No presente contributo abordamos un capítulo da historia intelectual de Galicia, o referido ás ideas e debates sobre a lingua, para poñer de relevo a importantísima achega que realizou Xesús Alonso Montero. Centramos o foco nas achegas sobre a situación sociolingüística do galego deste autor publicadas nos anos 1968-1973, nomeadamente: O porvir da lingua galega (1968), O que compre saber da lingua galega (1969) e Informe –dramático– sobre la lengua gallega (1973). Concentramos a atención na última obra, que tomaremos como testemuño da crise da conciencia lingüística de Galicia naqueles tempos, coa conseguinte emerxencia dunha ollada máis sociolóxica sobre a situación do galego. Repararemos con especial detemento na cuestión do futuro do idioma, que será obxecto de debate desde aquela ata os nosos días.
Стилі APA, Harvard, Vancouver, ISO та ін.
19

Mociño González, Isabel, and Blanca Roig-Rechou. "Ler os clásicos: Alicia en lingua galega." Elos: Revista de Literatura Infantil e Xuvenil, no. 7 (December 30, 2020): 175–92. http://dx.doi.org/10.15304/elos.7.7110.

Повний текст джерела
Анотація:
Neste traballo faise un percorrido polas traducións, versións e adaptacións que, dende a década dos anos oitenta e ata a actualidade, se fixeron á lingua galega da obra de Lewis Carroll, Alice’s Adventures in Wonderland. Despois dun breve repaso aos condicionamentos socio-político-culturais que sufriu o sistema literario infantil e xuvenil galego, explícanse algunhas das principais vías seguidas pola tradución á lingua galega, con especial atención ao tratamento dos clásicos universais. Por último, revísase con máis detalle as características das edicións publicadas en lingua galega deste clásico universal.
Стилі APA, Harvard, Vancouver, ISO та ін.
20

Lorenzo Suárez, Anxo M. "Planificación lingüística de baixa intensidade: o caso galego." Cadernos de Lingua, no. 27 (August 5, 2005): 37–59. http://dx.doi.org/10.32766/cdl.27.56.

Повний текст джерела
Анотація:
O obxectivo deste traballo céntrase na presentación e valoración do modelo de política lingüística que se desenvolveu en Galicia desde os poderes públicos galegos para a revitalización social da lingua galega, desde 1980 ata a actualidade. Argumentamos que o modelo galego de política lingüística institucional está baseado nunha acción lingüística pouco intervencionista e na realización dunha planificación lingüística de baixa intensidade, posta en marcha a partir dunha determinada interpretación da situación sociolingüística da lingua galega, dunha determinada ideoloxía lingüística e dunha concepción das prácticas planificadoras centrada no intento de non provocar ningún tipo de conflitividade na sociedade galega por motivos lingüísticos.
Стилі APA, Harvard, Vancouver, ISO та ін.
21

Costas, Xosé Henrique. "A difusión da obra de Fernández Morales en Galicia." Boletín da Real Academia Galega, no. 378 (June 20, 2018): 571. http://dx.doi.org/10.32766/brag.378.712.

Повний текст джерела
Анотація:
Ata moi recentemente, a obra de Antonio Fernández Morales foi unha gran descoñecida nos medios literarios galegos. Neste artigo describimos como en Galicia fomos sabendo deste autor e como sería moi necesario para reforzar o galego no Bierzo, que a Real Academia Galega lle concedese a este autor un Día das Letras Galegas. Por un lado estudaríase a súa extensa poesía e por outro poríanse os focos da atención lingüística sobre a crítica situación do galego no Bierzo.
Стилі APA, Harvard, Vancouver, ISO та ін.
22

Moure, Teresa. "Mallando nos Complementos directos: un ornitorrinco na sintaxe do galego." Revista Galega de Filoloxía 11 (May 17, 2010): 79–103. http://dx.doi.org/10.17979/rgf.2010.11.0.3864.

Повний текст джерела
Анотація:
A gramática galega debe estimular a autenticidade da lingua e, en consecuencia, a súa sintaxe non pode reproducir punto por punto a do español. A sintaxe é a compoñente máis importante da gramática e por tanto tamén desde o ámbito sintáctico se debe procurar un galego vivo e fértil, con estruturas de seu, con usos diferenciados do español e, en definitiva, un galego de calidade. Neste sentido, os complementos directos con preposición do tipo de Comer no caldo constitúen un trazo diferencial co español que debe ser reintroducido nas nosas preferencias estilísticas.
Стилі APA, Harvard, Vancouver, ISO та ін.
23

Eirín García, Leticia. "Do cancioneiro anónimo á lírica culta. Consideracións lingüísticas sobre as cántigas recollidas por Marcial Valladares no Diccionario gallego-castellano (1884)." Revista Galega de Filoloxía 7 (May 17, 2006): 67–93. http://dx.doi.org/10.17979/rgf.2006.7.0.5305.

Повний текст джерела
Анотація:
Un dos obxectivos deste artigo será a análise do papel desenvolvido pola lírica popular no nacemento da literatura culta en lingua galega ao longo dos tempos, xa que se atopa nas orixes da lírica medieval galego-portuguesa e na renacenza das nosas letras séculos despois, no período do Rexurdimento. Mais o presente traballo tamén incluirá un achegamento á lingua das cántigas tradicionais recollidas por Marcial Valladares e incluídas no seu Diccionario gallego-castellano (1884), dada a relevancia destas pezas como testemuño fundamental da fala popular e medio de expresión do pobo galego.
Стилі APA, Harvard, Vancouver, ISO та ін.
24

Mosquera-Castro, Estefanía. "A formación do profesorado de lingua galega: perspectivas pedagóxicas e modelo lingüístico." Revista de Estudios e Investigación en Psicología y Educación, no. 06 (November 10, 2015): 012. http://dx.doi.org/10.17979/reipe.2015.0.06.98.

Повний текст джерела
Анотація:
O presente traballo analizará desde unha perspectiva teórico-práctica as necesidades formativas do profesorado de lingua galega na Educación Primaria e para iso terá en conta a particular situación sociolingüística en que se encontra a Galiza e, máis concretamente a lingua galega. Así, en primeiro lugar, examinaremos a situación do galego no marco educativo facendo especial fincapé na lexislación vixente, nos datos proporcionados polo recente informe do IGE e na información que a propia práctica docente nos proporciona, para determinar grosso modo o nivel de competencia en lingua galega do alumnado que inicia –e moitas veces finaliza– a súa formación como futuro docente na Educación Primaria. Esta primeira análise permitirá verificarmos a delicada situación por que atravesa o galego neste ámbito, os problemas a nivel pedagóxico debido ao emprego de metodoloxías tradicionais e gramaticalistas, pouco enfocadas no uso e na funcionalidade das linguas e, en consecuencia, o –con frecuencia– escaso dominio lingüístico dos discentes, a maioría nativos, que, ademais manifestan aínda na actualidade numerosos prexuízos. Todos estes elementos provocan no alumnado do grao unha falta de motivación pola súa aprendizaxe, un modelo de lingua precario e unhas aptitudes lingüísticas negativas, que condicionarán con certeza o posterior proceso de ensino-aprendizaxe en que figurarán como docentes e, por tanto, como referentes. Neste sentido, e a modo de conclusión elaboraremos unha proposta cunha serie de medidas a respecto do enfoque metodolóxico e didáctico e do modelo de lingua que deberían ser priorizados para garantir unha competencia lingüística mínima neste idioma que capacite para a posterior práctica docente, non só na materia de lingua e literatura galega, mais tamén como lingua vehicular do ensino. En concreto, consideramos necesario unha aproximación funcionalista e comunicativa como a que ten lugar no ensino-aprendizaxe de linguas estranxeiras ou segundas linguas, polas características particulares do galego, e un modelo lingüístico de calidade, liberado de interferencias gramaticais máis tamén psicolóxicas, que garantan o seu futuro.
Стилі APA, Harvard, Vancouver, ISO та ін.
25

Kakihara, Takeshi. "A difusión exterior do galego e a diáspora galega." Madrygal. Revista de Estudios Gallegos 22 (December 5, 2019): 277–84. http://dx.doi.org/10.5209/madr.66866.

Повний текст джерела
Анотація:
O obxectivo deste estudo é achegarnos á realidade da política de difusión exterior da lingua galega por parte da Xunta de Galicia e aclarar o seu significado e as relacións cos galegos emigrados e os seus descendentes. A Xunta de Galicia leva a cabo actividades de difusión como parte da política de normalización lingüística. Suponse que as seguintes dúas son as actividades principais de difusión deste idioma: (1) a promoción do galego para non-galegofalantes e (2) o mantemento de galego dos emigrantes galegos. O autor deste estudo presenta neste artigo que tipo de medidas toma cada parte involucrada analizando os datos obtidos da consulta bibliográfica e das entrevistas realizadas coas partes implicadas: a Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Secretaría Xeral da Emigración, Centros Galegos e o Instituto Cervantes. Neste artigo analizaremos os casos de Arxentina, de Brasil e de Alemaña como exemplos da comunidade dos galegos emigrados. Tamén analizaremos as actividades que desenvolven os centros do Instituto Cervantes relacionadas coa difusión das linguas cooficiais de España.
Стилі APA, Harvard, Vancouver, ISO та ін.
26

Alonso Pintos, Serafín. "Investigar, elaborar, divulgar. O Instituto da Lingua da Universidade de Santiago de Compostela." LaborHistórico 3, no. 1 (April 23, 2018): 49. http://dx.doi.org/10.24206/lh.v3i1.17106.

Повний текст джерела
Анотація:
<p><span>O Instituto da Lingua Galega (ILG) é un centro de estudos lingüísticos da Universidade de Santiago de Compostela. O seu rango de actividades é largo, e inclúe, entre outras, a análise diacrónica e sincrónica do idioma galego, a realización de programas de doutoramento e posgrao, o asesoramento técnico a persoas cunha relación profesional coa lingua (ensino, administración, medios de comunicación) e a organización de reunións científicas sobre o galego. A primeira parte da exposición abrangue desde os momentos previos á creación do ILG ata o ano 1983. Os estudos sobre a lingua dialectal, a fundamentación do modelo ortográfico e os cursos de formación para mestres forman parte dunha época en que o urxente era a estandarización do galego. A segunda etapa abrangue desde o ano da oficialización da ortografía estándar (1982) ata a segunda revisión desta normativa (2003). Progresos significativos no camiño da estandarización e nos campos dialectolóxico, gramatical e lexicográfico conviven co debate ortográfico nuns anos en que muda o mapa da filoloxía galega, coa creación das universidades da Coruña e Vigo e o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. A terceira parte repasa o percorrido do Instituto no novo milenio. Nela destacan os avances en áreas como a prosodia, a variación e o cambio lingüístico, a dixitalización de fondos e recursos, a divulgación internacional do galego e a consolidación de proxectos interuniversitarios de investigación en rede. </span></p><div><span><br /></span></div>
Стилі APA, Harvard, Vancouver, ISO та ін.
27

Díaz-Caneiro, Eugenia, and Silvia Raña-Pazos. "Análise da aprendizaxe e memorización do léxico en galego polo alumnado castelán-falante." Revista de Estudios e Investigación en Psicología y Educación, no. 01 (December 15, 2017): 148. http://dx.doi.org/10.17979/reipe.2017.0.01.2475.

Повний текст джерела
Анотація:
Galicia conta con dúas linguas oficias, galego e castelán, que teñen un léxico propio que as distingue. O noso obxectivo é analizar a aprendizaxe e memoria do alumnado castelán-falante do léxico propio da lingua galega a través de 26 alumnos de cuarto primaria do CEIP Anxo da Garda. Os datos obtidos amosan que o alumnado presenta pouca motivación para a aprendizaxe de vocabulario en galego polo que estimamos que debemos presentárllelo encadrado nun contexto motivador que lles permita atopar palabras que xa coñecían previamente e adquirir os novos termos así como fomentar o seu emprego fóra das aulas.
Стилі APA, Harvard, Vancouver, ISO та ін.
28

Loredo Gutiérrez, Xaquín, Antonio Fernández Salgado, and Isabel Suárez Fernández. "Análise da expresión escrita en galego e castelán ao final do ensino obrigatorio. Resultados dun estudo realizado na comarca de Santiago de Compostela." Cadernos de Lingua, no. 27 (August 5, 2005): 109–26. http://dx.doi.org/10.32766/cdl.27.58.

Повний текст джерела
Анотація:
A Lei de Normalización Lingüística, vixente na Comunidade Autónoma de Galicia desde 1983, establece como obxectivo principal que o ensino obrigatorio ten que garantir a adquisición dun nivel equiparable de competencia nas linguas galega e castelá. A pesar de que se teñen realizado estudos para avaliar o nivel de competencia bilingüe (ex. Rodríguez e Rubal, 1987; Rubal, 1992), estes adoitan referirse a aspectos parciais, polo que non existen, polo momento, datos que permitan coñecer o grao de cumprimento deste obxectivo desde unha perspectiva global na Comunidade Autónoma. A Universidade de Santiago de Compostela, coa colaboración da Real Academia Galega e o Consello da Cultura Galega, está desenvolvendo un proxecto de investigación denominado “Análise das competencias bilingües ao final do ensino obrigatorio na Comunidade Autónoma de Galicia”, financiado pola Xunta de Galicia, un proxecto multidisciplinar no que participa un equipo investigador composto por lingüistas, sociólogos e psicólogos e no que se aborda a avaliación da competencia bilingüe (en galego e castelán) atendendo a un amplo conxunto de fenómenos. O obxectivo deste artigo é a medición do nivel de competencia bilingüe na expresión escrita do alumnado de 4º da ESO da comarca de Santiago de Compostela e a súa relación con variables de carácter sociodemográfico, sociolingüístico e educativo por medio dunha proba experimental, consistente na elaboración de dúas redaccións, unha en galego e outra en castelán.
Стилі APA, Harvard, Vancouver, ISO та ін.
29

Fernández Poza, Óscar. "Unha primeira aproximación á documentación censora do teatro galego (1942-1970) no Arquivo Xeral da Administración." Madrygal. Revista de Estudios Gallegos 23 (December 21, 2020): 153–62. http://dx.doi.org/10.5209/madr.73618.

Повний текст джерела
Анотація:
No presente artigo analizamos algúns expedientes da censura franquista que conteñen as solicitudes de representación do teatro galego xerados no período de entre 1942 e 1970 conservados no Arquivo Xeral da Administración (Alcalá de Henares). Nun primeiro apartado realízase unha aproximación histórica á censura; no segundo estúdase o funcionamento interno e a estrutura organizativa da censura ao longo deses anos. Tras esas premisas, nos apartados seguintes analízanse os expedientes que se xeraron a propósito da produción galega e que se conservaron no AGA, tanto as solicitudes de representación teatral do período referido como os expedientes relativos a certas edicións dos textos representados. Da documentación analizada dedúcese, ademais, o proceso evolutivo da dramaturxia galega naquela cronoloxía, desde un teatro de carácter costumista ás novas dramaturxias en lingua galega próximas xa ás do teatro europeo coetáneo.
Стилі APA, Harvard, Vancouver, ISO та ін.
30

Dubert García, Francisco. "¿Norma galega, sistema galego-portugués? Aplicación dos termos de Coseriu ó “galego” e ó “portugués”." Cadernos de Lingua, no. 22 (October 6, 2000): 101–22. http://dx.doi.org/10.32766/cdl.22.103.

Повний текст джерела
Стилі APA, Harvard, Vancouver, ISO та ін.
31

González Seoane, Ernesto, and Antón Santamarina. "Avances e tendencias actuais en lexicografía galega." LaborHistórico 3, no. 1 (April 23, 2018): 149. http://dx.doi.org/10.24206/lh.v3i1.17112.

Повний текст джерела
Анотація:
<p><span>Este traballo ofrece unha visión panorámica acerca da evolución da lexicografía galega nas catro últimas décadas. O punto de partida é o impulso e reorientación que experimenta a lingüística galega, e particularmente a lexicografía, nos primeiros anos da década de 1980 como consecuencia da oficialización do galego. Analízase a seguir o impacto e a influencia exercida polo <em>Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega</em> (VOLG) (1988) sobre a produción lexicográfica posterior e estúdanse os avances alcanzados na lexicografía monolingüe, bilingüe e multilingüe, así como en terminografía. Preséntanse tamén algúns dos principais recursos dixitais xerados nos últimos anos, con especial atención aos corpus lexicográficos e aos corpus de textos contemporáneos. Finalmente, sinálanse algunhas das tarefas pendentes e dos desafíos que a lexicografía galega terá que enfrontar nun futuro próximo.</span></p><div><span><br /></span></div>
Стилі APA, Harvard, Vancouver, ISO та ін.
32

Alonso Núñez, Aquilino Santiago. "Os sufixos nominais diminutivos -et-e / -et-a, -uc-o / -uc-a e -ech-o / -ech-a na fala de Castrelo do Val." Estudos de Lingüística Galega 9 (August 1, 2017): 5. http://dx.doi.org/10.15304/elg.9.3867.

Повний текст джерела
Анотація:
Esta investigación céntrase nos sufixos nominais diminutivos -et-e / -et-a, -uc-o / -uc-a e -ech-o / -ech-a na fala galega do municipio de Castrelo do Val (Ourense) e ten en conta o resto do galego —incluídos os topónimos e os datos dalgúns corpus medievais—, o portugués e o castelán. Estes últimos datos serven de contraste coa investigación de observación participante realizada nunha fala concreta e ademais algúns deles permiten a introdución da perspectiva histórica. No estudo utilizouse un concepto dinámico da formación de palabras, que contempla tanto as palabras existentes como a dispoñibilidade que teñen os falantes para a creación de novas palabras con cada sufixo investigado. En conclusión, -et-e utilízase como diminutivo dun xeito parecido ó do galego común, -uc- existe como diminutivo residual e -ech- ten máis restricións de uso ca no galego común.
Стилі APA, Harvard, Vancouver, ISO та ін.
33

Álvarez, Rosario, and Xulio Sousa. "A investigación sobre a variación lingüística do galego: desde o ALGa ata a actualidade." LaborHistórico 3, no. 1 (April 23, 2018): 63. http://dx.doi.org/10.24206/lh.v3i1.17107.

Повний текст джерела
Анотація:
<p><span>Este artigo presenta unha revisión selectiva da produción científica das últimas catro décadas sobre a variación lingüística do galego moderno. Como obra de referencia de partida tómase a publicación do <em>Atlas Lingüístico Galego</em>, pola relevancia especial que tivo no desenvolvemento e coñecemento dos estudos sobre o galego, tanto na academia galega como na comunidade científica internacional. A presentación das investigacións organízase en tres eixes fundamentais: os estudos de dialectoloxía e xeografía lingüística, as investigacións en sociolingüística variacionista e os traballos sobre o contacto de linguas. A intención dos autores é ofrecer unha panorámica xeral que permita coñecer as liñas de investigación fundamentais e as achegas que maior repercusión tiveron no período analizado.</span></p><div><span><br /></span></div>
Стилі APA, Harvard, Vancouver, ISO та ін.
34

González González, Manuel. "Gallaica lingua: Quo vadis?" Cadernos de Lingua, no. 32 (August 3, 2010): 5–27. http://dx.doi.org/10.32766/cdl.32.26.

Повний текст джерела
Анотація:
Na primeira parte deste texto faise unha revisión dos puntos débiles máis importantes da lingua galega neste momento, tanto no que se refire ao status, coma ao corpus. Analízanse, entre outros, aspectos como a perda de transmisión familiar, o aumento do monolingüísmo castelán, o proceso de urbanización, o papel da escola, a situación nos medios de comunicación e no mundo empresarial, a percepción social de que o galego é unha lingua pouco útil ou a baixa calidade do galego utilizado por sectores que actúan como referentes sociais. Fronte a isto contrapóñense iniciativas normalizadoras postas en marcha nos últimos anos, que, aínda sendo moi positivas, son insuficientes para frear o proceso de desgaleguización da nosa sociedade.
Стилі APA, Harvard, Vancouver, ISO та ін.
35

López Alonso, Luís. "O neofalantismo no ensino secundario: un espazo sen lexitimar." Revista Galega de Filoloxía 21 (December 31, 2020): 39–74. http://dx.doi.org/10.17979/rgf.2020.21.0.7341.

Повний текст джерела
Анотація:
Após corenta anos de oficialización da lingua galega, os datos estatísticos evidencian que tanto o modelo educativo como os outros mecanismos de normalización lingüística fracasaron. A substitución lingüística comeza a se estender ás vilas e mais ao rural cunha hexemonía homoxeneizadora. O rol da educación secundaria para o futuro do galego adquire, xa que logo, unha responsabilidade aínda meirande da que xa tiña.Neste artigo estúdanse o papel, as dificultades e as problemáticas da docencia dunha comarca galega para promover a activación da concienciación lingüística e a ulterior conversión ou neofalantismo no ámbito da educación secundaria. Para esta fin aplícase o método cualitativo do grupo de discusión ao conxunto de docentes de secundaria dunha comarca galega, o que permitiu colixir, entre outros aspectos, que un modelo docente pasivo pode funcionar como axente desactivador da lingua galega.Tras presentar o estado de cousas e os obxectivos, analízanse e amósanse os datos máis relevantes para rematar, na quinta sección, coas conclusións e as nosas propostas.
Стилі APA, Harvard, Vancouver, ISO та ін.
36

Ogando González, Iolanda. "Representacións do aquí: imaxes do teatro e o país de Roberto Vidal Bolaño." Boletín da Real Academia Galega, no. 374 (November 14, 2013): 67–102. http://dx.doi.org/10.32766/brag.374.423.

Повний текст джерела
Анотація:
Con este traballo pretendemos analizar as ideas sobre o teatro e a sociedade galega que Roberto Vidal Bolaño construíu e transmitiu a través do seu discurso público. A partir da lectura das entrevistas, artigos e outros paratextos escritos polo dramaturgo, podemos observar varias imaxes que nos falan da situación e características do teatro galego entre 1970 e 2002 e nos axudan a recontextualizar a produción dos seus textos dramáticos.
Стилі APA, Harvard, Vancouver, ISO та ін.
37

Куропаткин, В. В., Г. Ю. Конечная, П. Г. Ефимов, С. В. Никитина, Е. М. Литвинова, Н. А. Медведева та М. Б. Шелудякова. "НОВЫЕ ВИДЫ И НАХОДКИ СОСУДИСТЫХ РАСТЕНИЙ В НОВГОРОДСКОЙ ОБЛАСТИ, "Ботанический журнал"". Ботанический журнал, № 8 (2018): 1031–39. http://dx.doi.org/10.7868/s0006813618080082.

Повний текст джерела
Анотація:
Обобщены сведения о флористических находках, сделанных коллективом авторов в Новгородской обл. с 2010 г. 5 видов приводятся впервые для области: Clematis recta, Digitaria ischaemum, Galega orientalis, Onobrychis arenaria, Phyteuma nigrum. Также сообщается о находках следующих редких в области видов: Aconogonon divaricatum, Alliaria petiolata, Brachypodium sylvaticum, Bromus japonicus, Carex bohemica, Elsholtzia ciliata, Eryngium planum, Galium rivale, Impatiens glandulifera, Lycopodiella inundata, Mentha verticillata, Pimpinella major, Polypodium vulgare, Rhamnus cathartica, Ribes alpinum.
Стилі APA, Harvard, Vancouver, ISO та ін.
38

Senín, Francisco Xavier. "Carlos Casares e a literatura infantil." Boletín da Real Academia Galega, no. 378 (June 20, 2018): 199. http://dx.doi.org/10.32766/brag.378.686.

Повний текст джерела
Анотація:
A literatura infantil e xuvenil galega débelle moito a Carlos Casares. El foi creador dos primeiros libros en galego para os nenos (A galiña azul ou As laranxas máis laranxas de todas as laranxas). Como tradutor, verqueu ao galego non poucos títulos doutras linguas, entre eles obras de Maria Gripe e, sobre todo, O principiño. De por parte, como editor, no tempo no que dirixiu a Editorial Galaxia o seu traballo supuxo un pulo importante para a literatura dirixida aos pequenos; a el débenselle coleccións como Árbore, Sete mares ou Costa Oeste. Casares era unha persoa divertida que procuraba tecer redes con persoas que traballaban no mundo da edición. A través destes contactos nas feiras internacionais do libro estaba ao tanto do que se publicaba noutros lugares.
Стилі APA, Harvard, Vancouver, ISO та ін.
39

Fernández Salgado, Antonio, Xaquín Loredo Gutiérrez, Hakan Casares Berg, Isabel Suárez Fernández, Modesto Rodríguez Neira, and Manuel González González. "Revisión das actitudes lingüísticas da mocidade galega: Resultados dunha achega indirecta e cualitativa." Cadernos de Lingua, no. 25 (August 5, 2003): 63–74. http://dx.doi.org/10.32766/cdl.25.71.

Повний текст джерела
Анотація:
Durante os anos 90, a Real Academia Galega elaborou o Mapa Sociolingüístico de Galicia, un gran estudo cuantitativo de máis de 38.000 entrevistas no que se facía unha descrición pormenorizada da situación sociolingüística sondando catro dimensións: lingua inicial, competencia, usos e actitudes lingüísticas. O proxecto de investigación ‘Deseño de medidas para mellora las actitudes cara ó galego e incrementa lo seu uso’ na súa elaboración dun diagnóstico actitudinal pretende facer unha revisión dos resultados da última dimensión utilizando unha metodoloxía distinta, onde a triangulación adquire unha especial relevancia, combinando metodoloxías cuantitativas e cualitativas (medición indirecta de actitudes, entrevistas en profundidade e grupos de discusión). Os resultados atopados difiren dos obtidos no MSG. Resultan especialmente rechamantes aqueles que amosan resistencias fronte á normalización do galego.
Стилі APA, Harvard, Vancouver, ISO та ін.
40

Pascual Rodríguez, Roberto. "Carlos-Caetano Biscainho-Fernandes, Carlos Lorenzo Pérez, Francisco Oti Ríos e Dolores Vilavedra (eds.), Deseñando horizontes. Situación actual, orixe e planificación do futuro do teatro galego , Santiago de Compostela, Consello da Cultura Galega, 2022, 9." Revista Galega de Filoloxía 23 (December 27, 2022): 198–201. http://dx.doi.org/10.17979/rgf.2022.23.0.9143.

Повний текст джерела
Анотація:
O Consello da Cultura Galega vén de editar un amplo e moi valioso volume coas actas do I Congreso do Teatro Galego organizado pola Academia Galega de Teatro. O traballo de organización daquel encontro e a ordenación da publicación das palestras por parte dos editores supón a posta ao servizo das Administracións competentes, do público e do estudantado, dun conxunto de análises e documentacións que fornecen de ferramentas para a construción, consolidación e/ou modificación do sistema teatral e dos seus procesos e mecanismos adaptados aos novos tempos e aos novos retos. As actas están divididas en tres grandes capítulos, que abordan a historia e os modelos de diferentes sistemas teatrais, pasando pola xestión e a relación co público e os procesos creativos.
Стилі APA, Harvard, Vancouver, ISO та ін.
41

Leira-Castiñeira, Francisco J. "Samuel Eiján. Vida, pensamento e contexto histórico dun expoñente da poesía relixiosa galega." Boletín da Real Academia Galega, no. 379 (May 29, 2019): 465. http://dx.doi.org/10.32766/brag.379.742.

Повний текст джерела
Анотація:
Samuel Eiján foi un prolífico escritor que defendeu o galego e a súa terra en moitas das súas publicación. Foi querido polos seu compañeiros de viaxe cultural tanto na Real Academia Galega, coma no Seminario de Estudos Galegos e pola crítica. A importancia desde persoeiro é que nos amosa un galeguismo cultural distinto, baseado na defensa do catolicismo, conservador nalgúns posicionamentos a pesares de que sempre quixo adaptarse aos novos folgos que procedían de Europa.
Стилі APA, Harvard, Vancouver, ISO та ін.
42

Freixeiro Mato, Xosé Ramón. "Lingua galega e preconcepto." Revista Galega de Filoloxía 10 (May 17, 2009): 115–44. http://dx.doi.org/10.17979/rgf.2009.10.0.3925.

Повний текст джерела
Анотація:
Neste artigo defínese o preconcepto en relación con outras nocións afíns, centrándose logo o traballo no estudo do preconcepto lingüístico como manifestación do racismo aplicado ás linguas e aos seus falantes. Após unha aproximación aos preconceptos lingüísticos no mundo desde unha perspectiva histórica e ás tentativas da súa clasificación a nivel xeral, estúdase a súa xénese e evolución na sociedade galega. A seguir, agrúpanse para a súa análise en preconceptos relacionados coa suposta falta de utilidade do galego, os que asocian este co atraso e a pobreza, os que consideran o seu uso como sinal de descortesía ou má educación, aqueles relacionados coa pretensa imposición lingüística, os referidos á caracterización pexorativa da lingua e a competencia dos falantes, e por último os que se refiren ao galego como marca ideolóxica ou profesional.
Стилі APA, Harvard, Vancouver, ISO та ін.
43

Souto, Xurxo. "canción marabillosa, galega e panteísta." Boletín da Real Academia Galega, no. 377 (November 21, 2016): 169–77. http://dx.doi.org/10.32766/brag.377.504.

Повний текст джерела
Анотація:
Alén de na poesía, a figura de Manuel María ocupa un papel axial na creación da música galega contemporánea. A súa pegada recoñécese en varias facetas. En primeiro lugar polo seu apoio decidido aos primeiros artistas que nos anos sesenta comezaron a cantar en galego e, a partir deste momento, a todos os cantores e cantoras que continuaron a utilizar esta lingua. Ademais, a súa obra poética é unha fonte fecunda á que acudiron, e seguen a acudir, moitos músicos para crear novas composicións. De tal xeito que nestes momentos un cento dos seus poemas xa forman parte, feitos canción, do acervo da música popular galega. Finalmente indícase como, a través da música, a poesía de Manuel María dialoga con outras latitudes, nomeadamente, coa cultura catalá e vasca.
Стилі APA, Harvard, Vancouver, ISO та ін.
44

Paim, Marcela Moura Torres, and Cezar Alexandre Neri Santos. "Uma análise da variação lexical na galícia e na Bahia: Denominações para ‘calvo’." Signum: Estudos da Linguagem 19, no. 2 (December 16, 2016): 284. http://dx.doi.org/10.5433/2237-4876.2016v19n2p284.

Повний текст джерела
Анотація:
Este trabalho insere-se na perspectiva de investigação lexical, constituindo uma análise da variação semântico-lexical nas áreas galega e baiana e traz como benefício mais latente a comparação de dados em Português Brasileiro e em Galego, línguas cognatas no âmbito da genealogia linguística. Assim, no que concerne à Galícia, será analisado o Atlas Lingüístico Galego (BLANCO; GARCIA; FERNÁNDEZ, 2005) e, no que diz respeito ao Brasil, serão analisados os dados da Bahia, registrados no Atlas Lingüístico de Sergipe (FERREIRA et alii, 1987). Objetiva-se examinar as realizações linguísticas para 'calvo' em dois vieses: i) semântico, dispõe as raízes motivadoras para a formação do nome no plano paradigmático da língua, entendendo a seleção linguística como um ato político-cultural; ii) lexicográfico, verifica a dicionarização, ou não, das formas inscritas na carta, por meio de dicionários históricos, etimológicos e de língua latina, bem como se tais marcações lexicográficas apresentam significados referentes à calvície. Pretende-se, então, nos atlas em questão, verificar o tipo de relação que se pode estabelecer entre o léxico galego e baiano quanto às denominações que preenchem o conceito selecionado.
Стилі APA, Harvard, Vancouver, ISO та ін.
45

Alonso Pintos, Serafín. "A liña do galego literario na gramáticade Carballo Calero." Boletín da Real Academia Galega, no. 381 (May 4, 2021): 229. http://dx.doi.org/10.32766/brag.381.794.

Повний текст джерела
Анотація:
A mediados da década de 1960 Ricardo Carballo Calero recolle e organiza os usos máis asentados do galego literario de posguerra para os seus estudantes da Universidade de Santiago de Compostela. Aquela convención, sancionada a principios da década seguinte pola Real Academia Galega, vaise afinando nas sucesivas edicións do manual. Na derradeira entrega (1979), a gramática incorpora a defensa dunha maior aproximación da normativa da Academia á ortografía do portugués (reintegración) que caracterizará a última etapa intelectual do autor.
Стилі APA, Harvard, Vancouver, ISO та ін.
46

Rico Verea, Manuel. "regulación dos certificados oficiais que acreditan os niveis de coñecemento da lingua galega (CELGAS) e os problemas xerados no proceso de normalización en Galicia." Cadernos de Lingua, no. 33 (August 3, 2011): 119–50. http://dx.doi.org/10.32766/cdl.33.24.

Повний текст джерела
Анотація:
A Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega, supón unha modificación significativa (non sempre positiva) no proceso de normalización da lingua galega e tamén no proceso da súa estandarización. Esta regulación, fóra do sistema educativo regrado, prodúcese á marxe da planificación que formula a Lei orgánica 2/2006, de educación, que o Estado desenvolve, que a Administración educativa de Galicia completa, por delegación de competencias, e que os centros educativos adecúan, no terceiro chanzo de concreción curricular, baseándose na autonomía pedagóxica que a citada lei orgánica lles outorga. A regulación destes certificados oficiais acreditativos establece un marco de referencia europeo de aprendizaxe, ensino e avaliación, que adopta un sistema de avaliación de linguas estranxeiras para unha lingua sen normalizar, sen ter en conta un sector moi importante da cidadanía de Galicia, falante de galego de forma activa, que non accedeu a unha educación básica no seu ciclo escolar e que, polo tanto, carece da formación necesaria para poder acadar a certificación das competencias de comprensión e expresión escrita. Con esta orde, a Secretaría xeral de Política Lingüística do ano 2007, con asesores de escasa experiencia e coñecemento técnico na globalidade do sistema educativo regrado, emprendeu este novo camiño na competencia de formar e certificar os coñecementos da lingua esquecendo outros obxectivos, que tamén propoñía o Plan xeral de normalización da lingua galega, tan importantes, ou máis, para o proceso de normalización da lingua propia de Galicia. Este novo marco de formación e acreditación, que non tivo no seu día unha recepción unánime, leva cinco anos en funcionamento, tempo abondo para que se puidesen detectar e resolver as graves eivas. Se neste proceso de normalización é moi importante sumar vontades, máis importante é non excluír ese decisivo grupo social, galego falante, maiores de 40 anos, que non tivo a oportunidade académica de recibir unha formación básica (hoxe de educación secundaria obrigatoria) de lingua galega. Aínda que posúa unha certificación académica que lle dá acceso ao mundo laboral (certificado de estudos primarios, certificado de escolaridade ou título de graduado escolar) tamén é certo que o sistema actual de validacións lle impide acadar, na práctica, unha certificación do nivel de lingua galega, allea ao sistema educativo regrado, para acceder a diferentes postos da administración.
Стилі APA, Harvard, Vancouver, ISO та ін.
47

Rabuñal, Henrique. "'Caprice des dieux': cerimonia da liberdade." Boletín da Real Academia Galega, no. 374 (November 14, 2013): 125–47. http://dx.doi.org/10.32766/brag.374.425.

Повний текст джерела
Анотація:
O autor detense neste escrito na singularidade da peza Caprice des dieux no conxunto do teatro de Roberto Vidal Bolaño. A obra que supuxo no seu día unha despedida dos escenarios está sustentada nun enfrontamento do autor coas primeiras autoridades políticas da cultura galega da época (1985) pero tamén nun desencontro con parte dos profesionais do teatro galego daquel momento. Pero o que se pretende por riba de todo nestas páxinas é acceder ao discurso lúcido e comprometido que sobre o teatro e a vida encerra un texto polémico no que se evocan dez anos de actividade de Teatro Antroido, un dos emblemas e unha das conquistas do teatro galego de onte, de hoxe e de sempre. Caprice des dieux contén unha elaborada poética teatral e escenicamente contrastada na que se aborda a relación sempre conflitiva do teatro co poder.
Стилі APA, Harvard, Vancouver, ISO та ін.
48

Villanueva Gesteira, María Dolores. "Inicios da galeguización do ensino (1963-1977)." Sarmiento. Revista Galego-Portuguesa de Historia da Educación 16 (October 11, 2013): 41–56. http://dx.doi.org/10.17979/srgphe.2012.16.0.4087.

Повний текст джерела
Анотація:
Este artigo pretende ofrecer unha panorámica dos movementos que os axentes civís e as institucións galegas levaron a cabo para conseguir que se implantara o galego no ensino. Entre 1963 e 1977 as asociacións culturais ofreceron cursos para adultos e introduciuse o galego na Universidade de Santiago de Compostela, pero resistíase a incursión do estudo da lingua no ensino obrigatorio e no bacharelato. A Real Academia Galega comeza as xestións, ó igual que a Euskaltzaindia e o Institut d'Estudis Catalans, co Ministerio de Educación e Ciencia. A Lei Xeral de Educación (1970) recolle a posibilidade de introducir as linguas diferentes do castelán no ensino, aínda que habería que agardar ó Decreto 1433/1975 para que se desenvolva máis este aspecto. Este feito supón un gran avance, aínda que non cumpría tódalas expectativas e as reivindicacións seguen nos anos seguintes.
Стилі APA, Harvard, Vancouver, ISO та ін.
49

FERREIRO SEOANE, Francisco Jesús, and Marta CAMINO SANTOS. "ANÁLISE CUANTITATIVA DOS CENTROS DE INICIATIVAS EMPRESARIAIS MEDIDA A TRAVÉS DO MÉTODO DA BALANZA FISCAL: O CASO GALEGO." Revista Galega de Economía 25, no. 1 (October 12, 2016): 61–72. http://dx.doi.org/10.15304/rge.25.1.3659.

Повний текст джерела
Анотація:
A presente comunicación ten por obxectivo estudar a contribución dos centrosde iniciativas empresariais á economía galega e analizar a través do Método Balanza Fiscalse o investido se recupera mediante ingresos públicos derivados da actividade xeradaneses centros. A comunicación estrutúrase partindo dunha introdución e afonda noconcepto e evolución do centro de iniciativa empresarial. A continuación, realízase unhaanálise do caso galego (España) para logo afrontar a contribución a Galicia. No últimoapartado, estudaremos a rendibilidade dos centros galegos centrándonos no método daBalanza Fiscal.
Стилі APA, Harvard, Vancouver, ISO та ін.
50

Cid, Ramón, and Manuel R. Bermejo. "Tomás Batuecas: un químico galego no sistema periódico." Boletín das Ciencias 90 (October 31, 2020): 105–19. http://dx.doi.org/10.54954/202090105.

Повний текст джерела
Анотація:
Este ano 2019 estanse celebrando moitos acontecementos relacionados coa química: os 150 anos da creación da T. P. moderna, por Dimitri Mendeleev; os 1 00 nos da entrada en funcionamento da IUPAC; os 230 anos da publicación do “Tratado Elemental de Química”, de Antoine Lavoisier;…etc. Na nosa Asociación, ENCIGA, iniciamos o pasado ano 2018, no congreso XXXI que tivo lugar en Lalín, a antesala das celebracións deste ano e, entre outros moitos actos, publicamos un exemplar extraordinario do noso Boletín, o Nº 87, dedicado a lembrar, situar e comentar as diversas celebracións deste ano 2019. Este ano, tamén, escolleuse como científico do ano en Galicia a Tomás Batuecas Marugán. Ten algo que ver, este científico galego, coa táboa periódica? Terá algo que ver coa IUPAC? Cal é a posible razón da súa elección como galego do ano no mundo da ciencia? Sabemos cal é a súa transcendencia científica?. Con motivo da celebración do día da ciencia en Galicia, o Consello da Cultura Galega encargounos a realización dunha Unidade Didáctica dedicada a facer unha semblanza da contribución científica do personaxe homenaxeado. Neste artigo queremos lembrarvos a todos vos a valía científica deste destacado profesor universitario galego.
Стилі APA, Harvard, Vancouver, ISO та ін.
Ми пропонуємо знижки на всі преміум-плани для авторів, чиї праці увійшли до тематичних добірок літератури. Зв'яжіться з нами, щоб отримати унікальний промокод!

До бібліографії